//
arquivo

Archive for

Víctor Caamaño interesarase no pleno pola normativa dos vendedores ambulantes


victornacasa

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Víctor Caamaño, reuniuse esta semana con vendedores ambulantes que traballan no noso Concello e tratará no vindeiro pleno este tema. Segundo os nacionalistas, é de dominio público que unha parte dos vendedores non cumpre a normativa vixente para este tipo de negocios no noso Concello.

Dita norma en Cambados está desenvolvida no “Regulamento do mercado municipal de abastos e terreos anexos” aprobado en Agosto de 2002 por unanimidade e no seu artigo 41 contempla os requisitos que deben reunir os vendedores que queiran realizar a súa actividade no mercado de Cambados. Víctor Caamaño considera que o Concello debe velar para que todos aqueles que cumprar a lei non se vexan perxudicados e discriminados polos que non o fan.

Por iso preguntará ao alcalde, Luís Aragunde, se todos o vendedores do mercado cumpren o disposto no artigo 41 do Regulamento,  cada canto tempo comproba o Concello este cumprimento, cando foi a última vez e cantos vendedores non cumprían as normas. Ademais preguntará se o goberno local está a realizar as autorizacións por escrito conforme ao que dispón o propio Regulamento e que medidas se toman cando se detectan vendedores que incumpren a legalidade.

Eleccións europeas aburridas, futuro municipal por escribir


elecciones-europeas2Aburrida. Así foi a xornada que afrontamos o pasado domingo, en especial as persoas que vivimos as eleccións nos propios colexios electorais.

Sirva como indicador o pobre dato do 55% de participación no noso Concello, como de costume por riba das medias nacional e estatal.

E os resultados tampouco nos colleron tan por sorpresa, aínda que si son reveladores: Un Partido Popular que segue a medrar contra vento e marea.

En España medra a pesar dos casos de corrupción que imos coñecendo desde hai semanas. En Galiza medra a pesar da ofensiva antigalega da propia Xunta de Galicia, e dos golpes de temón do propio Presidente desdicindo cada promesa de campaña. E en Cambados medra a pesar dun cambio de goberno que ningún cidadán votou.

O Partido Socialista sofre, pola súa parte, un lóxico desgaste nunhas eleccións que o principal partido da oposición plantexou como case unhas Xerais e que o propio goberno aceptou como tales.

O Bloque Nacionalista Galego retrocede dazaseis anos en termos cuantitativos de voto e en Cambados segue descubrindo novos fondos electorais. A nivel galego os nacionalistas respiramos ao coñecer a nova de que Ana Miranda ocupará un euroescano durante aproximadamente un ano e medio da lexislatura.

Desde logo que non son boas novas, nin para a esquerda nin para o país en xeral.

En Europa a lectura non é tan negativa, a pesar de todos os titulares que limos na prensa. Aínda que o Partido Popular Europeo contará nestes cinco anos cun grupo máis amplo e o Partido Socialista Europeo cun máis reducido, o conxunto da centroesquerda europea pode (e debe) dominar a maioría parlamentar en Bruxelas, por exemplo apoiando unha candidatura alternartiva á de Durao Barroso á fronte da Comisión. Todo dependerá de se os socialistas deciden seguir sumando forzas cos conservadores en troques de traballar por un modelo de UE máis social cos grupos verde, demócrata e de esquedas.

calzadaO que ocorreu este 7 de Xuño nas urnas débenos servir como aviso. As vindeiras eleccións son municipais (2011) e con estes datos o PP está en posición de gobernar as principais cidades galegas, e en Cambados os populares non só non se desgastan, senón que recuperan apoios que foran perdendo ao longo dos últimos anos.

Quedan dous anos anos para traballarmos a prol dun cambio da vida política municipal. Cada un de nós ten moitas responsabilidades que asumir para acadar ese resultado. Hoxe, sen dúbida, é un bo día para comezar a sumar esforzos.

Segunda imaxe extraída da web d’O Aturuxo.

Nas redes sociais

Xuño 2009
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.