//
estás a ler...
Cambados

Suárez Canal imparte hoxe unha charla no Centro Comarcal


suarezcanalEstará enmarcada dentro do primeiro Foro do Albariño que organiza a asociación de viticulores Adegas do Salnés e que vai tratar a influencia da crise no sector e as novas oportunidades que se abren para o futuro de adegas e para os propios viticultores.

Suárez Canal foi o conselleiro de Medio Rural na anterior lexislatura e falará hoxe a partires das sete en Exposalnés do traballo realizado desde o departamento que dirixiu para a promoción dos Rías Baixas e tamén dará a súa opinión sobre as perspectivas de futuro neste momento de crise económica. 

Despois intervirán tres representantes sindicais de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores.

As xornadas seguen mañá co coloquio “Reposicionamento do mercado en tempos de crise”, no que participarán o xerente de Martín Códax, Juán Vázquez, a responsábel de Pazo de Señoráns, Marisol Bueno e de As Laxas, José Simón. O xerente do Consello Regulados, Ramón Huidobro, moderará o debate.

Xose Ramón Durán, presidente de Terra de Asorei e organizador dos actos, entende como positivas este tipo de actividades porque permiten que adegueiros e viticultores expresen as súas inquedanzas e busquen estratexias comúns.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xuño 2009
L M M X V S D
« Mai   Xul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: