“Teño cousas máis importantes que facer”, así respostou o ex alcalde de Cambados e actual Delegado en Pontevedra da Xunta de Galicia Xosé Manuel Cores Tourís ás preguntas do BNG do Salnés sobre quen pagou a carta que este enviou a todos os veciños de Cambados.
Os nacionalistas preguntaran hai un par de días quen costeara as cartas que viñan nun sobre con franqueo pagado e sen logotipo de ningunha administración (nin Concello nin Xunta) que estaban a chegar aos veciños do Concello asinadas polo actual Delegado Territorial da Xunta de Galicia .
De todos os xeitos o BNG xa anunciou que farían esta pregunta no Concello e no Parlamento Galego e o propio Cores Tourís confirmou onte que responderá no sitio correspondente.