//
estás a ler...
Cambados, Galiza

Malestar n'A Pastora pola supresión do Plan experimental do galego


conselleiroeducacionO Plan experimental de galego era un modelo posto en marcha hai tres anos mediante o cal se pretendía que nenos de entornos castelanfalantes adquirisen plenas competencias nas dúas linguas oficiais de Galiza, grazas a un programa de inmersión lingüística en galego.

O programa era totalmente voluntario, e os centros habían contar cunha autorización expresa da Consellaría de Educación. En todo o país son 23 centros os que viñan funcionando con este novedoso programa, un deles o colexio da Pastora, que pasou dun primeiro ano con 25 nenos de 3 anos até ter en funcionamento tres módulos cun total de 68 rapaces de 3 a 5 anos.

Os profesores e os pais e nais de Cambados que elixiron voluntariamente sumarse a este plan enteráronse pola prensa da súa supresión, o que evidentemente está  a causarlles grande malestar. De feito, hoxe ás 17 horas reúnense no colexio para estudar as medidas que van levar a cabo diante desta decisión que eles consideran exclusivamente política.

Na nova recollida hoxe polo Faro de Vigo unha profesora do centro describe en poucas palabras o Plan Experimental: “este proxecto de innovación educativa garantía que os nenos ían a ser totalmente bilingües, é dicir, ían poder expresarse sen ningún tipo de limitación nas dúas linguas”. 

Este novo anuncio de recorte no uso do galego do ensino súmase ao das famosas enquisas aos pais que previsíbelmente rematará cun novo decreto no que o galego perda peso como lingua na educación galega.

Foto: Conselleiro de Educación, de La Opinión A Coruña

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xuño 2009
L M M X V S D
« Mai   Xul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: