A continuación reprodúcese a nota de prensa da Asociación Por Dereito:
Ante a incerteza da continuidade da aula estábel, creada no colexio CEIP A Lomba no curso 2008-2009, Por Dereito, busca a contrarreloxo, unha reunión co novo Conselleiro de Educación, co fin de chegar a un acordo que de continuidade no tempo, a este proxecto educativo.
A obxectivo da aula estable é fomentar a inclusión e a participación de persoas con necesidades de educación especial, como Autismo e outros trastornos do desenvolvemento na educación ordinaria. O resultado desta experiencia durante este curso, foi extraordinaria. Todos os pais constatamos avances sobresalientes nos nosos fillos. Cousas tan sinxelas para nós como a autonomía, a iniciativa propia, a capacidade de decidir, etc.. é algo que xamais pensamos ver nos nosos fillos, e despois deste ano é un soño que comeza a facerse realidade. Os nosos fillos compartiron educación, cada un na súa clase, co resto dos seus compañeiros e á vez, recibiron apoio específico en determinadas horas da xornada na aula estable. Todo isto débese a unha suma de factores como son, a colaboración, implicación e traballo do profesorado do CEIP A Lomba, o traballo e coñecementos dos profesionais da Asociación BATA, e non menos importante, a implicación de todo o alumnado e pais do centro, que se converteron, en compañeiros, titores, pais e nais dos nosos fillos.
En base a todo isto consideramos que a desaparición da aula estable, ou dalgún dos factores apuntados antes, suporía, un retroceso total e absoluto na educación e o proxecto de vida dos nosos fillos, así como do resto dos nenos, algo ao que nin pensamos nin podemos renunciar.
Non podemos entender como un proxecto educativo innovador, que aglutina a todo tipo de persoas e converte contornas, antes segregados nunha única contorna, non conta co apoio total e absoluto das diferentes administracións e institucións. Unha vez máis, ante todo somos pais e por tanto non entendemos que conceptos como público, privado, específico, etc poida impedir o proxecto de vida que queremos para os nosos fillos.
Por todo isto, cremos que é necesaria e urxente unha reunión co conselleiro de educación que, estamos seguros, producirase en breve e na cal se deberán sentar unhas bases firmes para a continuidade e desenvolvemento deste gran proxecto educativo.
Podes descubrir máis sobre este colectivo no blog que se abrirá ao premer no enlace.