E por suposto que haberá celebración. De feito desde o Rif xa se lanzou un programa especial de concertos para conmemorar o décimo aniversario do pub.
O sábado 4 de Xullo estará Lou Reyes & Los Astros e logo sesión a cargo de Lorre Lorre Dj. O 11 de Xullo é o turno de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e unha sesión a cargo de La Lorre Inc.DjSet. Airas encárgase de pechar esta programación, será o 17 de Xullo cun concerto acústico de Airas no que participarán Kevi, Karlos e algún convidado especial.
Irase informando de cada un dos eventos desde este espazo. Non pode faltar a noraboa a Mon, a persoa que está detrás disto, e por suposto: felicidades Rif-Rock e que cumpras moitos máis!