O acto de protesta contra as medidas antigaleguizadoras do Goberno da Xunta no ensino contou cunha boa participación na tarde de onte en Cambados. O Paseo da Calzada ateigouse cunhas trescentas persoas unidas polo seu compromiso coa lingua deste país.
Representantes de ANPAs, colectivos de mestres e profesores de Secundaria, equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, asociacións de mestres, …todos en defensa do ensino en galego.
Empregáronse as palabras de escritores e escritoras que xa de vello, e tamén de novo, veñen loitando pola nosa lingua. Así, na tarde de onte isto foi o que soou no centro de Cambados pasadas as oito e media da tarde:
Carmen leu “O ladrón das palabras” de Sechu Sende. Mariña, Cantares Gallegos de Rosalía. Antía, “A lingua das fadas” de Lamas Carvajal. Álvaro “A fala é comuñón e sentimento” de Manuel María. Celia, “Deitado frente ó mar” de Celso E. Ferreiro. Elena, “A fala” de Manuel María. Breixo, “Galicia” de manuel María. Alma Losada, “Galicia, nai e señora” do Poeta da Raza, de Cabanillas. Viqui, o relato de sechu Sende, “Ás veces sinto que no meu país faltan palabras”.
E para rematar a mobilización, o grupo “Ventiños” de Oubiña puxo á música por medio dos instrumentos tradicionais galegos e interpretou o noso Himno.
Máis información na web do colectivo de nais e pais Casaescola.