//
estás a ler...
Cambados

O BNG do Salnés renova a súa dirección


allegue

Duarte Correa, veciño de Cambados e responsábel comarcal do BNG nos últimos anos, deixa un posto que ostentará a partires de agora Xoán Antonio Allegue, militante nacionalista de Ribadumia.

O sábado pasado, os afiliados do Bloque votaron en Vilagarcía a composición do consello comarcal, resultado gañadora a lista cercana á UPG, Alternativa pola Unidade, que encabezaba Allegue. Presentouse tamén outra candidatura, que unía aos simpatizantes de Máis BNG (con Aymerich e Táboas de referentes nacionais e Castro Ratón, Roberto Fernández Lores ou Nando Casal membros do Salnés) e Encontro Irmandiño (liderado en Galiza por Xosé Manuel Beiras e con Ramón Mouriño ou Paco Trigo como simpatizantes na comarca), pero non conseguiron batir á Unión do Povo Galego, que obtén o respaldo maioritario na comarca desde hai anos.

A meta da nova dirección que lidera Allegue será recuperar a confianza dos cidadáns na comarca que deixaron de apoiar ao BNG nas últimas contendas electorais e incentivar á militancia. Ademais desde  BNG do Salnés queren afrontar as vindeiras municipais (2011) con máximas garantías de éxito.

Proximamente procederase á renovación da dirección do BNG no noso Concello, tal e como anunciou o portavoz Víctor Caamaño hai unhas semanas.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: