//
estás a ler...
Cambados

Álvaro Rodríguez volta á política, agora da man do Partido Popular


alvarorodriguezÁvaro Rodríguez foi moi coñecido en Cambados trala súa candidatura a alcalde en 2004 baixo as siglas de Independentes por Cambados, un grupo de veciños de Vilariño descontentos co PP de Cambados pola concentración parcelaria que se estaba a planear. Nesa ocasión IpC obtivo un concelleiro na corporación -o propio Álvaro- pero nas seguintes en 2007, reconvertidos en Partido Galeguista e sen parte da militancia que creara a nave independente, a formación perdeu o concelleiro que ostentaba.

Ademais desta aventura na política municipal tamén se sabe que Álvaro Rodríguez foi integrante de Esquerda Unida nos seus inicios na política, e que durante un tempo semellaba próximo ao Partido Socialista.

Agora, Álvaro Rodríguez, animal político onde os haxa, pasa a formar parte do Partido Popular de Poio, concello onde reside,  como afiliado de base. En  palabras do propio protagonista “vou a traballar por este partido e a defender a idea que ten Feijóo para Galicia”. Ademais non pecha as portas a unha posíbel volta a primeira plana: “estou a disposición do partido”.  A decisión tomouna logo de obter a aprobación de Luis Aragunde e Cores Tourís.

Fotografía do Diario de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: