//
estás a ler...
Cambados

Dúas novas fichaxes para o Club Xuventude Cambados


unaiemonclubjuventudUnai e Mon son as fichaxes que vén de fechar o Club cambadés de fútbol.

Unai Bermúdez Canabal é un medio centro de 31 anos moi coñecido na comarca d’O Salnés. Xogou durante sete anos no Arousa acadando con el o ascenso a 3ª División, fixo o propio no Céltiga e tamén no Cidade de Santiago. Ademais tamén foi parte do Unión Grove en Rexional Preferente e do Ribadumia en Primeira Rexional.

Pola súa banda, Ramón Nogueira González (Mon) é unha futura promesa do fútbol. Interior esquerda, militou en categorías inferiores do Unión Grove, nos xuvenís do Racing de Ferrol, en categoría Nacional e no Unión Grove en Rexional Preferente.

O Club Xuventude Cambados está a manter os contactos oportunos de cara á contratación dun porteiro, pronto teremos máis novas ao respecto.

CAMPAÑA DE AFILIACIÓN AO CLUB

Na última asemblea do Club acordouse que os socios teñen a posibilidade de que o seu carné lle saia gratis. Por cada socio de nova creación que eles traian ao Club terán un 20% de desconto,  sendo acumulábel até cubrir o prezo do carné.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: