//
estás a ler...
Cambados

En Facebook tamén se reclama a peonalización da Praza de Fefiñáns


fefinansBoa iniciativa a que se xerou na rede social Facebook, coa campaña Pola peonalización da Praza de Fefiñáns. Podes apoiala premendo neste enlace, no caso de que sexas usuario da rede social.

O texto que xustifica a petición pública é o seguinte:

A Praza de Fefiáns (s.XVI), unha das máis fermosas de Galicia, atópase aínda en pleno 2009 aberta ao tráfico rodado, maila que hai anos que se construíu unha estrada alternativa. Na mesma teñen cabida o Pazo de Fefiñáns (s.XVI) e a Igrexa de San Bieito (1618-1634), e nela se celebraba antigamente o mercado.

Aos membros deste grupo gustaríanos que se procedera á peonización da praza para recuperala durante todo o ano coma espazo de esparcemento para todos e todas, e que deixe de ser a estrada e o aparcamento que a día de hoxe é.

A petición de que a Praza de Fefiñáns deixe de ser transitábel no automóbil é unha vella reivindicación da esquerda en Cambados, defendida no campo da política polo Bloque Nacionalista Galego e apoiada polo PSOE; aínda que sempre contou co voto contrario do Partido Popular.

En Setembro de 2005 publicábase en Cambados.tk o seguinte artigo:

FEFIÑÁNS SEN COCHES, UTOPÍA OU ALTERNATIVA?

boton

A Praza de Fefiñáns é recoñecida por todos nós como un símbolo da nosa vila. Un lugar emblemático, enmarcado polo Pazo de Fefiñáns e a igrexa de San Bieito. Sen dúbida unha atracción turística, e é a típica imaxe para postal. Pero.. nas postais aparecen coches? Non.

O Concello de Cambados, encabezado por Xosé Manuel Cores Tourís, opúxose desde sempre a unha peonalización da Praza. Porén, na súa web a Praza de Fefiñáns aparece sen coches. Ocúltannos a nós e aos turistas a realidade.

O paso de tráfico pola Praza pode considerarse un atentado contra a imaxe de Cambados, un atentado contra o patrimonio histórico e artístico. E xa non só polo impacto visual, resulta que a Praza está danada polo paso dos vehículos.

É obvio que cómpre unha peonalización da praza. Pero se ademais pretendemos que Cambados sexa unha vila para vivir, onde os cidadáns gocen dun certo benestar, o lóxico sería una peonalización da Praza e dos arredores. Pode parecer complicado, porque desviar todo o tráfico segnifica unha boa planificación e sobre todo aparcamentos públicos, o que xa é hoxe un grande problema.

Tradicionalmente algúns comerciantes da zona opóñense á modernización da vila, coa creación deste espazo para os peóns. Alegan futuros problemas á hora de vender, fuga de clientela. Mais, despois de observar outros casos de zonas peonalizadas, como en Pontevedra, este argumento perde todo o valor. A peonalización tradúcese en moita máis xente na zona, máis posíbeis clientes para as tendas. Cando se habilitan zonas para os cidadáns, os cidadáns utilízanas. Quen pensou hai un ano que ía pasar toda a xente que pasa polo Pombal? Co paseo marítimo sucede. Sucedería o mesmo en Fefiñáns.

É necesario por respecto, a nós e á vila. Pero é necesario para abrir Cambados aos cidadáns. Por iso, Fefiñáns: Coches fóra!

Advertisements

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: