//
estás a ler...
Cambados

O BNG acusa á Consellaría de Medio Ambiente de mentir no tema do barrio de San Francisco


sanfranciscoVíctor Caamaño Rivas, portavoz local da formación nacionalista, acusa á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de mentir dobremente. A primeira vez cando afirmou que as obras de rehabilitación que restan por acometer se adxudicarían no pasado mes de Xuño, algo que non ocorreu.

Ademais, Caamaño acusa ao departamento que dirixe Hernández de mentir cando di que a anterior Consellaría de Vivenda e Solo licitou as obras sen ter financiamento. Desde o BNG afirman que na Xunta saben moi ben que os funcionarios encargados de supervisar a licitación non terían dado o visto e prace de non cumprirse os requistos legais, é dicir, de non ter contado coa financiación pertinente. Acusan tamén ao Partido Popular de gastar eses cartos que ían ser destinado ao barrio de Sa Francisco noutras cousas, “o PP saberá”, sentenzan.

Víctor Caamaño amosouse contento co feito de que a deputada popular Rosa Oubiña apoiase por primeira vez as obras en San Francisco, aínda que considera unha mágoa que non fixera o propio no pasado.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: