//
estás a ler...
Cambados

María José Cacabelos é a nova responsábel local do BNG de Cambados


mariajoseO proceso de renovación do Bloque Nacionalista Galego culminou onte cunha Asemblea Local en Cambados. Primeiro foi o cambio a nivel nacional que levou a Guillerme Vázquez a ocupar o posto que desempeñaba Anxo Quintana, logo o recente cambio na executiva d’O Salnés, que pasou de ter como responsábel comarcal a Duarte Correa a Xoán Antonio Allegue.

Onte foi o turno dos nacionalistas cambadeses. Xoán Antonio Pillado, responsábel local da formación nos últimos anos, deixoulle o testigo a María José Cacabelos nunha dirección na que si que aparece o anterior responsábel, ademais do actual voceiro e  candidato Víctor Caamaño, Duarte Correa ou o novo concelleiro Ramón Martínez Ulloa.

María José Cacabelos é veciña de San Tomé e ten 48 anos, actualmente é concelleira na Corporación polo Bloque Nacionalista Galego, logo de ocupar o segundo posto da candidatura de esquerdas en 2007.

É mariscadora e promoveu a creación de Guimatur, unha asociación de mariscadoras que actúan de guías turísticas, ensinándolle aos que nos visitan como se traballa no Serrido, que tipos de mariscos se apañan; e explicándolles que repercusión ten esta actividade na economía de Cambados.

Con este cambio ábrese unha nova etapa no BNG de Cambados, que xa ten posta a vista nas vindeiras eleccións municipais de 2011.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: