//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

O Albariño 2009 político: máis culto ao Partido coa festa de todos


albarinoA Festa do Abariño de 2009 seguirá os pasos dos anteriores en canto á organización. Na música, o Concello de Cambados segue a apostar por estrelas a nivel estatal, para moitos uns contidos musicais decepcionantes en canto a variedade de estilos exclusivamente enfocado ás masas.

Somos moitos os que pensamos que sería positivo aproveitar un dos primeiros días da festa para dalle oportunidade a grupos do Concello e da comarca.

Bótase tamén de menos unha aposta do goberno local por bandas da escena musical galega, grupos que economicamente son moito máis asequíbeis -e mira! agora que non paran de falar de crise e austeridade para todo- , que teñen calidade demostrada e que, en moitos casos, poderían darlle unha nova dimensión á celebración (sen entrar xa en compromisos coa cultura e a lingua do país que calquera goberno local debería promocionar). Menos mal que nos quedan as verbenas!

E en xeral, a primeira festa organizada polo Executivo de Luís Aragunde será continuísta tamén na parafernalia montada arredor dela.

Non será estraño que volvamos a ver como no Domingo do Albariño deste ano as rúas da nosa vila sexan testemuña do tradicional paseo dos Cabaleiros Populares, a orde de persoeiros premiados por un ente chamado “Capítulo do Serenísimo” e que, salvo contadas excepcións,  teñen como maior éxito ocupar un cargo nalgunha institución gobernada polo Partido Popular -este ano é o turno do propio alcalde e do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez-.

E pese as críticas aos coches e despachos: non vos enganedes, voltaremos a ver un xantar do Albariño onde outra vez predominarán os políticos da cor azul, que comerán de luxo a conta de todos nós.

Este é o conto de todos os anos, sempre igual. Para facer un Albariño máis orixinal, combinando atractivo para os turistas e unha compoñente de verdadeira festa popular para os veciños, non son precisos máis cartos, ao contrario! o que fai falla é esmagarse os sesos uns minutos e considerar novas ideas. Pero non creo que sexa este o goberno que o leve adiante, non interesa.

Por certo…despois de dicir dous anos que non asistiría…virá este ano Manuel Fraga?

Imaxe de Galicia Hoxe.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: