//
estás a ler...
Cambados

O Club de Tenis de Cambados organiza por primeira vez o Open do Albariño


openalbarino2009

Farao da man do Concello de Cambados, e terá lugar os días 16, 17 e 18 de Agosto nas pistas de tenis d’O Pombal.  As categorías son senior masculino e senior feminino. Haberá premios a partires dos oitavos, destacando o de 100€ para o gañador masculino e 60€ para a gañadora en feminino. Para anotarse hai que chamar ao teléfono 666287680 antes do día 13 de Agosto ás catro da tarde. Inscrición: 15€

Ademais, desde o día 14 ao 18 celébrase tamén nas Pistas d’O Pombal o Torneo Club de Tenis Cambados, que servirá na práctica como previa ao Open, xa que os semifinalistas deste torneo na categoría masculina e as finalistas na feminina acadarán praza no Open do Albariño. Inscrición: 10€ e realizarase do mesmo xeito.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: