//
estás a ler...
Cambados

O Aturuxo recolle a iniciativa pro-peonalización de Fefiñáns cunha entrevista a Iago Pillado


iago_pilladoO Aturuxo do mes de Agosto (durante o resto do mes só haberá actualización na rede) recolle na sección adicada ao noso concello a iniciativa xurdida en internet pola peonalización da Praza de Fefiñáns. O impulsor deste debate na rede, Iago Pillado Losada, afirma na entrevista do Aturuxo que pensa presentar as sinaturas pola peonalización ao Concello de Cambados e á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia cando se recollan un bo número delas.

Iago cre que a grande maioría dos cambadeses aposta por esta medida, de feito afirma o seguinte: “achegáronseme mesmo persoas que non coñecía para felicitarme e comentarme que estaban a favor. “ No blog que abriu despois do éxito da plataforma na rede social Facebook danse solucións aos problemas de tráfico e aparcamento que podería ocasionar a peonalización de Fefiñáns.

Recorda que podes asinar pola peonalización de Fefiñáns premendo neste enlace.

Conversa

1 thoughts on “O Aturuxo recolle a iniciativa pro-peonalización de Fefiñáns cunha entrevista a Iago Pillado

  1. Graciñas por enlazarnos, Óscar!

    Apertas!

    Posted by Sandra | 11/08/2009, 10:32 am

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.