//
arquivo

Archive for

Festas populares


festaspopularesCando os Cambadeses e Cambadesas ouvimos as palabras “festas populares” entramos nun dilema moral que moitas veces non sabemos resolver. Que nos estarán dicindo con esto de que a Festa do Albariño é unha festa popular?

Pasan os anos e moitos de nós seguimos confundidos canto á festa do Albariño nesta vila. Dende xa fai mais 20 anos a Festa do Albariño pasou de ser unha festa popular a unha festa PPopular. Eu quero preguntar á poboacion de Cambados se se sente participativa dunha festa que din popular ou polo contrario a Festa do Albariño esta feita totalmete ás costas dos Cambadeses.

Eu pregunto, que actividades temos para nos confraternizar como povo, que actividades temos para vivir a festa tódalas peñas unidas? eu levo vivido a festa durante 22 anos e non me lembro de nengunha, bueno sí, o concurso de camisetas de peñas que organiza Zona Centro.

Logo de percorrer varias festas ao longo do País, dinme conta de que as Festas do Albariño non son unhas festas para nada populares. Un exemplo que me quedou ben gravado do que son as festas na que participan todos, son as Festas da Dorna en Riveira (onde por certo goberna o PP, aínda que non pon un duro para a festa), onde as peñas son o espírito da festa, onde as peñas viven durante toda a semana nun ambiente total de festas populares, onde hai gincanas e xogos durante todo o día. Onde as peñas viven todo o día e toda a noite na rúa en total confraternización, como unha boa festa popular.

Agora voltemos a Cambados, cales son as actividades polo día para as peñas? cales son as actividades que non sexan beber Albariño até altas horas da noite? Dende logo eu non as coñezo. O unico día que parece que é un pouco popular, o domingo do Albariño, volveuse nun día totalmente PPopular (partidista) e nun día totalmente alleo á poboación de Cambados. Con actividades populares refírome ás actividades que son para o 100% da poboación.

Porque canta xente coñecedes que participe no desfile do domingo á mañá? ou no xantar do Pazo Torrado?. Por non falar do nomeamento de Cabaleiros do Albariño. Cando a festa naceu, os nomeados Cabaleiros do Albariño eran pintores, musicos, adegueiros, escritores, etc. mais o que esta a suceder agora é de esperpento. Nomear Cabaleir@ do Albariño a medio goberno do PP, e medio mundo da farandula Madrileño é para rir por non chorar, e mirar con raiba o que están a facer coa nosa festa!

Dende logo que estas festas cada vez están máis feitas de costas aos cambadeses e cambadesas, só nos utilizan para que pola noite consumamos viño, como se a festa non fora tamén nosa!

E para rematar gostaría profundizar no carácter da festa. Alguén que veña do alén Bierzo sabe que estamos en Galiza?. Que diferenza hai entre unha festa do viño Albariño ou do Viño de Xerez, se as duas levan a MClan e a Nena Daconte…?

A nula presenza de cultura galega nas nosas festas é unha característica da Festa do Albariño dende fai moitos anos. Gústelle ou non aos señores do PP, somos galegos, e como tal temos que exercer delo e presumir delo, facendo que a festa do Albariño sexa única no mundo e non facendo que poida haber dez festas iguais por todo o Estado.

Con isto non recorro ao folclorismo como primeiro fan os que nada saben da cultura galega, senón que a nosa cultura dende hai tempo evolucionou, pero parece que en Cambados non. A nosa música, baile, pintura, arquitectura,etc. evolucionaron como calquera cultura europea, pero esto non se ve en Cambados. Para os do PP, os galegos só tocamos a gaita, por eso temos que traer a Nena Daconte, máis a realidade é outra. O mundo musical galego é amplísimo con grupos de Rock&Roll, Ska, Hip-Hop, Pop, Heavy, Funk, etc. nembargantes temos que traer a grupos estranxeiros que son máis coñecidos, pero que en calquera sitio podemos ver. Non digo que non se traian, só que ten que haber unha oferta para todos, para que todos nos sintamos reflexados nesta festa.


*Festas populares é un artigo de opinión de Vítor Domínguez Pintos para Cambados(tk).  A imaxe foi extraída da web do Faro de Vigo.

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.