//
estás a ler...
Cambados

O Ano Cabanillas no diario El País


anocabanillas2

A edición galega do diario El País dedicoulle hoxe unha folla do seu apartado de “Galicia” ao Ano Cabanillas 2009. A xornalista arousá Deborah Castro fai un percorrido polos actos que durante todo este ano están tendo lugar na memoria do escritor cambadés no seu 50 cabodano.

Sorprendentemente, ademais de contar a versión da parte oficial do Ano Cabanillas, do alcalde Luís Aragunde, o artigo de El País recolle tamén a opinión de Óscar Pardo Planas, creador de Cambados.tk, no que recoñece o labor do Concello de Cambados pero critica que non se formara unha verdadeira comisión coas asociacións e que iso derivara na práctica en varios Anos Cabanillas paralelos.

Ademais Deborah Castro repasa a exposición Os artistas de Cabanillas, que se pode visitar na actualidade no Pazo de Torrado, así como a publicación da biografía do poeta por parte de Luís Rei. Lembra tamén neste artigo que o 12 de Novembro terá lugar na nosa vila unha sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega que coronará este Ano Cabanillas 2009.

Advertisements

Conversa

One thought on “O Ano Cabanillas no diario El País

  1. Dende logo, este tal Oscar está en todas, ¿eh?
    jajaja Agora só che falta salir en ElMundo polas calumnias ás festas PPopulares do Albariño! jajaja

    Posted by javimetal | 14/08/2009, 6:00 pm

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: