//
estás a ler...
Cambados

El País volve a mirar a Cambados, agora co tema da peonalización de Fefiñáns


fefinhans5

O xornal diario El País, que hai un par de días publicara nas súas follas galegas unha reportaxe sobre o Ano Cabanillas 2009, volve hoxe a Cambados para tratar a polémica sobre a peonalización da Praza de Fefiñáns. Volve a ser a xornalista Deborah Castro quen asina o artigo, un artigo no cal por unha banda se describe a posición de quen  iniciou a última campaña na rede sobre o tema, Iago Pillado, e por outra banda dá voz ao alcalde Luís Aragunde, que afirma que a medida perxudicaría ao sector dos comerciantes.

Ademais, a reportaxe sinala acertadamente que na praza pode verse un sinal que prohíbe o estacionamento “en todo o recinto” e outra que prohíbe facelo máis de certo tempo. Calquera das dúas, por outra banda, son incumpridas a diario con total impunidade, xa que as autoridades  locais permiten o estacionamento tanto debaixo das árbores como na propia pedra da Praza.

Lembra que podes asinar pola peonalización de Fefiñáns premendo neste enlace e unirte á causa de Facebook premendo aquí (é necesario ser usuario da rede social).

Outros medios que se fixeron eco da iniciativa recentemente foron Unha Grande Chea, O Aturuxo,  Diario de Arousa e o propio El País.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: