//
estás a ler...
Cambados

The Henry Warnimont tocará este venres en Meaño


henrywarnimontSerá na Festa da Xuventude de Simes na noite deste vindeiro venres 21 de Agosto. THW é un grupo de música de Cambados do que forman parte Berto (batería), Ruvy (baixo eléctrico), Buchán (guitarra rítmica), David (guitarra solista) e Yoli (voz), e que naceu a partires do anterior grupo chamado En Play Back. Recentemente amosaron o seu traballo o mércores da Festa do Albariño 2009 e anteriormente noutros moitos concertos, a destacar a súa participación no FluPop organizado por Nova Producións. Nas últimas semanas estes rapaces estiveron traballando na súa primeira gravación de estudo.

Este venres comparecerán en Meaño xunto a outras bandas, como os tamén cambadeses Extrume ou Los Pablos. Haberá tamén un Dj pinchando e outro grupo sorpresa. Sen dúbida un bo plan para este venres 21 de Agosto.

Advertisements

Conversa

4 thoughts on “The Henry Warnimont tocará este venres en Meaño

  1. ¡Viva, viva! O meu concello tamén ten concertos! ¡Viva!
    PD. ¿e tiña que ser o mesmo día que Nacho Vegas no Naútico? jodeeeer…

    Posted by javimetal | 20/08/2009, 12:07 am
  2. jaja, pois xa sabes, polo menos tes oferta. Se decides quedarte en casa podes acercarte…por certo, non cumpriches a promesa rifeira…

    Posted by Óscar | 20/08/2009, 12:10 am
  3. Seino, eu tamén me sinto decepcionado…Non me acordo que pasara, pero ó final non fora ó CQ, polo que se falla o primeiro condicionante, o segundo feito é imposible! De todos xeitos, espero pillarte antes de que marches a Copenhague (¿cando te vas?)
    De todas maneiras, non levo unha boa racha para os plans: http://notengoremedio.wordpress.com/2009/08/16/cruz-y-otra-de-cal/

    De feito, ó final non vou nin a Nacho nin a THW, que teño unha dor de cabeza…e para ir drogado, xa vai Nacho! jajaja

    Unha aperta!

    Posted by javimetal | 21/08/2009, 10:35 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: xeriric - 24/08/2009

Nas redes sociais

Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: