A través do descubrimento que facían desde Unha Grande Chea, pódese visitar un novo blog sobre o poeta Ramón Cabanillas. Esta web tamén é da autoría de Maribel Iglesias, e nela poden atoparse varios dos textos do cambadés, así como pezas de autores internacionais que o escritor versiou en galego logo na súa obra. Noraboa a Maribel Iglesias polos seus espazos en internet, que sigan adiante!
Esta imaxe, como pode supoñerse, foi extraída do blog en cuestión.
Pódese ler na frénetica UnhaGrandeChea.org.es. Fotos antigas de Cambados é unha nova web en blogspot que recolle, como ben indica o seu nome, algunhas das fotografías da colección que a profesora Maribel Iglesias Baldonedo incluiu no seu libro presentado en Xaneiro Ramón Cabanillas Enríquez, Biografía en imaxes. Se coñeces a algunha persoa das que aparecen nas fotos ou queres enviar máis podes poñerte en contacto a través de mariasorey (arroba) gmail.com.
A imaxe, obviamente, foi extraída do blog mencionado.
As reformas xa comprometidas que ían ser levadas a cabo nos colexios públicos de Magariños e Santo Tomé terán que esperar a que remate a crise.
No caso de San Tomé trátase de ampliar o centro debido á alta matrícula que se está a dar. O proxecto tratábase de construír un novo edificio ao carón do xa existente con novas aulas, entre elas de inglés e música, e biblioteca. No caso de Magariños a idea era acometer reformas estruturais, xa que desde a súa contrución non se mellorou nada neste sentido. Os técnicos de Educación xa avisaron: San Tomé terá que agardar a que haxa cartos e Magariños non poderá comezar as obras até que rematen no outro centro cambadés.