//
arquivo

Archive for

A nova EDAR xera confrontación PP-BNG neste inicio de curso


sucio2A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que o Concello prevé que se constrúa en Ribadumia e que dea servizo a Cambados está a xerar moita polémica xusto cando iniciamos o curso político na vida municipal. O BNG, liderado por Víctor Caamaño, acusaba hai uns días ao goberno do PP de ocultar información sobre o tema e limitar o traballo da oposición por este motivo. Acusaban directamente ao alcalde, Luís Aragunde, de respostar con evasivas. Preguntábanse no BNG, por que se a estación vai ser construída en Ribadumia, o goberno local afirmaba estar en conversas sobre os terreos con veciños de Vilariño.

Pola súa banda, o propio Aragunde falaba onte a través dos medios dunha suposta radicalización do Bloque a nivel nacional trala perda da Xunta de Galicia, que se traduciría segundo el nunha maior agresividade na oposición. Dicía Aragunde que o que pretendían os nacionalistas eran sentar as bases para mobilizar ao pobo contra o Concello, e crear alarma social neste tema. Afirmou que está en conversas avanzadas con veciños de Vilariño, porque casualmente son os propietarios das terras necesarias en Ribadumia.

O último, pero seguramente non derradeiro, capítulo desta historia escribiuno hoxe Víctor Caamaño cando afirmou que o único que quere o Bloque Nacionalista Galego  de Cambados é que os veciños teñan toda a información sobre a nova depuradora. Acusou tamén a Aragunde de seguir os pasos dos seus antecesores e non ter virado o rumbo hacia un goberno máis dialogante, transparente e cordial.

Nas redes sociais

Setembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.