//
estás a ler...
Galiza

Continuan os recortes do novo goberno: Xa non se debatirá máis na TVG


crtvgEra algo que se vía vir e ao final sucedeu: o programa Hai Debate, que cada semana reunía no plató da TVG a representantes dos principais partidos galegos e analistas políticos, desaparece da grella da nova Televisión Pública do Goberno de Alberto Núñez Feijoó. Así o publicitou a directora do ente, a cambadesa Rosa Vilas, que anunciou unha nova programación da televisión que non trae grandes cambios a parte da eliminación do devandito programa. Continuarán as series de éxito como Padre Casares e a revista Bos Días ocupará case toda a mañá.

Para todos aqueles que gustamos da política, a fin de Hai Debate non é unha boa nova, pero tampouco o é en xeral para toda a sociedade, porque unha actividade, a política,  que xa é demasiado lonxana da xente segue afastándose cunha medida como a que veñen de tomar os responsábeis do goberno popular. Está claro que ao PP non lle interesa que a opinión pública estea informada do que acontece, e moito menos que poida atender a debates que, se ben estaban medidos en exceso, polo menos existían e chegaban a quen estaba disposto a seguilos.


Conversa

One thought on “Continuan os recortes do novo goberno: Xa non se debatirá máis na TVG

  1. Quítannos a política, a cultura (Banda Curta, Onda Curta…). Menos mal que nos traen de novo a Champions, aínda que nos quiten o partido do sábado e ó Celtiña.
    Sí que saben como cabrearnos, joder!

    Posted by javimetal | 11/09/2009, 6:38 pm

Nas redes sociais

Setembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: