//
estás a ler...
Cambados

Os colexios de Cambados rebélanse perante a Consellaría de Educación: non tramitarán as axudas para os libros de texto


colexiosAsí o decidiron representantes dos cinco colexios públicos do Concello de Cambados nunha reunión a semana pasada, na cal se acordou apoiar esta iniciativa que xurdiu da Federación Galega de Directivos de Colexios de Ensino Público (Fegadecep). Así pois, os equipos directivos cos centros cambadeses non introducirán no programa informático persoa a persoa todas as solicitudes para as subvencións, senón que remitirán as peticións directamente á Consellaría de Educación para que sexan tramitadas alí. Polo tanto, esta protesta non vai impedir en ningún caso que a Consellaría teña constancia dos solicitantes das axudas para os libros de texto, pero si pode provocar un retraso na concesión das bolsas.

Desde os equipos directivos entenden que este traballo administrativo non é tarefa dos mestres e entorpece o inicio do curso escolar, xa de por si cargado de ocupacións para as persoas que figuran na directiva das escolas. En Vilagarcía de Arousa xa están pensando en secundar a protesta.

Tanto a nova como a imaxe foron extraídas de La Voz de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Setembro 2009
L M M X V S D
« Ago   Out »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: