Na última semana a asociación de pais e nais de San Tomé queixábase dunha serie de deficiencias no colexio que se sumaban ás demandas por recuperar o profesorado especial que a Consellería lles viña de recurtar este ano.
O BNG pola súa parte apoiou publicamente aos pais, entendendo que o Concello estaba cometendo deixadez nas súas funcións e non estaba dando resposta aos problemas dos veciños. Así o formulou o voceiro da formación, Víctor Caamaño, en repetidas ocasións.
O Concello anunciou que os traballos xa comezaron, pero advertiron tamén aos proxenitores de San Tomé que este non é o único centro educativo de Cambados, e acusou ao Bloque Nacionalista Galego de Cambados de empregar a situación para deteriorar a imaxe do goberno local.