//
estás a ler...
Artigos de opinión, Galiza

O principio de acción-reacción tamén no tema da lingua


prolinguaNos últimos meses a lingua ten dado moito que falar, porque foi introducida polo Partido Popular como un elemento máis de confrontación política. En Galiza até o de hai un tempo nunca houbera un debate real entorno a lingua, viviamos acostumados a que houbera unha actitude en teoría positiva do goberno galego que na práctica non era máis que pasotismo á hora de aplicar políticas reais para o fomento do galego. Que nos diría entón  que alguén faría bo a Fraga Iribarne!

Desde a pasada lexislatura o Partido Popular asumiu como seu un cabalo de batalla da extrema dereita española, exendrada no noso país baixo o nome, moi irónico, de Galicia Bilingüe. O galego estaba a ser imposto! Un idioma imposto na súa propia terra, onde xa é minoritario. Un dos motivos polos que máis me doeu a vitoria electoral do PP o pasado Xuño foi o lingüístico, realmente a vitoria inmerecida foino máis por teren empregado ese tema para dividir á sociedade a base de mentiras e de mermar a xa de por si flaca autoestima do idioma.

Pero agora non é tempo de laiarse nin de sentirse derrotados. Que o galego recupere espazos, e máis nun contexto onde o propio goberno do país os desmantela, depende de todos nós. Como dixo acertadamente Anxo Quintana cando aínda estaba en primeira liña, o galego é o idioma de todos nós, dos que falamos en galego pero tamén dos que falades en castelán, é preciso e vale a pena loitar por el. É moi útil, porque representa a maior creación do noso pobo e permite comunicarnos, non só entre nós, senón con 240 millóns de falantes de lingua portuguesa.queremosgalego

Nestas últimas dúas semanas artelláronse dúas novas plataformas en favor do galego, que se suman á xa existente Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural do país. Queremos galego é un delas, da que forman parte partidos políticos, asociacións culturais e deportivas e persoas a título individual, e xa teñen dúas actividades a desenvolver. Por unha banda a presentación no Parlamento dunha Iniciativa Lexislativa Popular que inste ao Goberno Galego a aplicar realmente a Lei de Normalización Lingüística e pola outra a convocatoria dunha manifestación nacional en favor do galego que sairá as 12 do mediodía do domingo 18 de Outubro da alameda de Compostela.

Prolingua é a outra das plataformas nacidas nesta reacción que xurde xa non da clase política senón tamén da propia sociedade. Este é un bo exemplo, xa que en Prolingua non hai partidismos, cada un  adhírese persoalmente ao grupo co único requisito de querer participar na defensa do galego. Boa proba disto é a participación de militantes dos 3 principais partidos a título individual: Camilo Nogueira ou Xosé Manuel Beiras (BNG), Rafael Cuíña (PP) e Xosé Luís Rodríguez Pardo (PSOE).  Por certo, que un dos fundadores desta nova agrupación é o doutor en Filoloxía Francisco Fernández Rei, que ademais de lingüista é cambadés de Triana e un dos motores do Ano Cabanillas 2009.

Así pois, para quen queira poñerse a traballar a prol da nosa lingua nun momento no cal é realmente necesario facelo ten onde escoller. Iso si, non está de máis recordar que a mellor defensa do galego é falalo.

Niso, ao final, é no que se reduce a cuestión.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: