//
arquivo

Archive for

Isi Vaamonde rompendo moldes no top de 20minutos.es


isivaamonde2

O cantante galego, cambadés afincado en Madrid, Isi Vaamonde, a quen xa puidemos ver nalgunha ocasión en directo na nosa vila, está a despuntar no top20 que se confecciona por votación do público no xornal electrónico 20minutos.es. Unsportsmanlike world é o seu último EP, e é coa canción homónima coa que está a facer estragos na lista musical.

Podes escoitar as súas cancións, mercalas, ou saber máis sobre o propio Isidoro visitando a súa web.

Advertisements

Máis problemas nos centros de ensino cambadeses: O Cabanillas precisa reformas e un profesor de matemáticas


Claustro, dirección e pais do Cabanillas coinciden ao emitir as queixas sobre o estado no que se atopa o seu centro. A IES Ramón Cabanillas non recibiu ningunha reforma estrutural desde que se construiu hai corenta anos, e segundo o equipo directivo agora mesmo non se cumpren as normas de seguridade mínimas.

Ademais, uns setenta alumnos de primeiro e cuarto de ESO levan tres semanas sen profesor de matématicas. Este profesor, segundo a dirección, fora comprometido pola Consellaría de Educación pero finalmente recibiron notificación de que non se enviaría. Os pais dos alumnos están moi disgustados coa situación e queren que os seus fillos comecen a recibir as leccións de matemáticas xa.

Nas redes sociais

Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Advertisements