O portavoz cambadés do Bloque Nacionalista Galego, acompañado por membros da formación e veciños da parroquia de Oubiña, compareceu ante os medios comarcais para denunciar a situación medioambiental que se dá no Río Pequeno. A Asociación de Veciños de Oubiña leva anos protestando polas continuas verteduras ao río desde que en 2007 comezou a funcionar o “mal planificado polígono industrial”. A asociación recorreu á Policía, Seprona, Garda Civil, Concello ou Xunta pero non obteñen respostas, o BNG ten presentadas máis preguntas sobre este tema no Concello e mesmo no Parlamento Galego.
Víctor Caamaño cre que a resposabilidade é do Concello de Cambados porque todas as empresas operan no polígono cos pertinentes permisos, e insta ás autoridades locais a solucionar o problema dunha vez por todas.
CAMBADOS, Á CABEZA DOS VERQUIDOS AOS MAR SEGUNDO UN ESTUDO DA CONSELLARÍA
Cambados é o segundo concello do Sur da Ría de Arousa, despois de Ogrobe, no que máis puntos de verteduras hai no mar. Segundo un informe da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no litoral cambadés hai 88 desaugues ao mar e a razón é a alta densidade demográfica e a actividade da industria acuícola. Pero destes 88 hai 22 puntos que son considerados puntos negros pola súa carga contaminante, e os expertos coinciden en sinalar ao goberno local como máximo responsábel da situación, xunto coas empresas privadas.
Informarción recollida de Diario de Arousa, La Voz de Arousa. Foto extraída do Diario.
Conversa
Os comentarios están pechados.