//
arquivo

Archive for

Manifestación 18 de Outubro de 2009


Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela unha manifestación a prol da lingua galega convocada pola nova plataforma Queremos Galego!, que reúne a máis de 500 colectivos e máis de 3000 persoas a nivel individual e que aposta por dar pasos adiante no desenvolvemento dos dereitos para o idioma propio do país. A manifestación foi apoiada por todos os partidos excepto o PP, nacionalistas como BNG, FPG, Nós-UP ou non nacionalistas como PSdeG-PSOE ou EU, TeGA, PG…

Dá gusto ver como por fin non somos só os nacionalistas quen reclamamos avances (ou no peor dos casos, como este, non-retrocesos) no tema da lingua. Por fin puidemos ver como o Partido Socialista entraba en razón e se unía á convocatoria, mesmo achegándose até as rúas compostelás un membro do gabinete español, o ministro de Justicia Caamaño. Agardo volver a velos nas vindeiras mobilizacións, que desgraciadamente de seguro haberá, porque a defensa do galego nos debe unir a todos, sexamos da ideoloxía que sexamos. E senón, que llo pregunten ao militante popular Rafael Cuíña, quen sempre aparece vinculado ao galeguismo apesar de estar só entre os seus.

No manifesto final destacou a parte lida por Avelino Pousa Antelo, mítico galeguista que lembrou as súas conversas con Castelao e criticou aos que atacan ao noso idioma. A percepción xeral foi que a mobilización de hoxe superou en número á do pasado 17 de Maio, considerada a maior manifestación polo galego da historia. Polo tanto, o 18 de Outubro pasa tamén á historia do país e sobre todo serve de aviso ao Goberno de Núñez Feijoó para deixarlle claro que no tema do idioma non imos permitir nin un paso atrás. Para dicirlle: até aquí chegamos. Agora queda por ver se recolle a mensaxe ou se segue adiante na súa intención de destruir o máis sagrado que nos une aos cidadáns deste país.

100_0245 [Desktop Resolution]

100_0247 [Desktop Resolution]

100_0253 [Desktop Resolution]

Fotografías de EPB para Cambados(tk)

Advertisements

Escoita en primicia os temas da primeira maqueta de The Henry Warnimont


henrywarnimontO grupo de música cambadés The Henry Warnimont está a piques de publicar a súa primeira maqueta, onde poderemos atopar novas creacións e temas que xa escoitamos nalgún dos seus múltiples directos.

Antes da edición do disco, o son xa está listo pero aínda faltan detalles por solucionar, podemos escoitar unha mostra do que vai ser o traballo de The Henry Warnimont na súa web de MySpace.

Para que logo digan que non houbo xente na Quintana!


Sirva esta imaxe para probar o monumental da manifestación que aínda a estas horas se está a vivir nas rúas da capital do país. Máis información proximamente.

montaxe3

Nas redes sociais

Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.