//
arquivo

Archive for

Concello de Cambados: tres anos desde que se instala un semáforo até que funciona


semaforosÉ a verdade, os famosos semáforos da Avenida de Vilariño, no centro da nosa vila, puxéronse a funcionar onte despois de tres anos de cor ámbar permanente. Así informa Maruxa Alfonso hoxe en La Voz de Arousa, quen nos recorda que os semáforos foron instalados no ano 2006 pola Deputación de Pontevedra para diminuír os accidentes en dous puntos negros: o cruce da xa citada Avenida de Vilariño coa do Salnés, e o cruce desta última coa Avenida de Vilagarcía.

O motivo esgrimido polo Concello entón foi que faltaban uns sensores que detectan a presenza de vehículos e fan cambiar a posición do semáforo, e polo visto estes sensores tardaron máis de tres anos en chegar ao noso Concello. Agora só hai que agardar que funcionen correctamente: xa temos semáforos.

Información e imaxe extraídas de La Voz de Arousa.

Advertisements

Nas redes sociais

Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Advertisements