//
arquivo

Archive for

"Miñas irmáns eu vou para morrer, pero algún día vengarédesme"


exhumacionOnte comezou en Curro a exhumación  nunha foxa común que  presuntamente contén os restos mortais de dous xoves que foran asasinados polos falanxistas o 15 de Setembro de 1936. Trátase de Ramón Barreiro, veciño de Sisán e Castor Cordal, de Corbillón.

O primeiro cometeu o “pecado” de ser poeta e escribir no xornal “cousas que non lle conviñan aos que mandaban”. Tiña 19 anos cando remataron coa súa vida.

O segundo, veciño de Cambados, tiña 27 anos cando o asasinaron. Era electricista e como simpatizante da CNT defendía os dereitos dos traballadores. Esa vinculación sindical, xunto co suposto chivatazo da familia onde el servira como empregado fixeron que a súa vida, xa na súa fin, se cruzara coa de Ramón Barreiro na curva da estrada a Pontevedra onde hoxe se levanta o restaurante Abuelo Pintos.

Alí traballan hoxe os arqueólogos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica baixo a atenta mirada dos familiares. A irmá de Castor Cordal declaraba onte por medio dunha sobriña o seguinte: “Dinos que agora xa pode morrer tranquila e feliz ao saber que os catro ósos que están aí podémolos levar a onde xa descansan os seus pais”.

Podes ler esta interesante información ampliada premendo neste enlace ao Faro de Vigo. A imaxe foi extraída tamén dalí.

Nas redes sociais

Outubro 2009
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.