//
arquivo

Archive for

Xa á venda o Despregable 22


Despregable22A xente de Embaixada Prusiana segue a currar como sempre no seu proxecto do Despregable, que xa conta con 22 números de historia. Como sempre, o exemplar vén cargado de novidades: entrevista a Luís Barreiro, artista de Meaño que presentou a súa obra Aus Schmalegg no Proxecta de Vilagarcía, Juan Carballo presenta o seu poemalibro A casa do poeta, o cal se pode conseguir co propio Despregable; desde Catalunya o jazz chega da man de Llibert Fortuni, que entre outras cousas nos introduce no seu novo traballo, Triphasic…e moitas, moitas, moitas cousas máis que podedes consultar nesta ligazón ou nun dos puntos de venda por só un euro!

Deportes: Araceli Bugallo, primeira no galego de Espada. O XAV Cambados pensando no seu ascenso


ESGRIMA

aracelibugalloA cambadesa Araceli Bugallo foi gañadora na primeira das probas no Campionato Galego que se celebrou o pasado domingo en Lugo. Na segunda cita, no mes de Xaneiro en Compostela, Araceli buscará acceder ao Campionato de España para optar por unha cuarta vitoria a nivel estatal. Ademais, a tiradora cambadesa impartirá clases da súa especialidade en Vilagarcía a partires de comezos de ano, onde o seu proxecto de creación dunha escola de esgrima foi apoiado pola Fundación de Deportes do Concello veciño.

VOLEIBOL

As rapazas de Segunda División B levan 5 vitorias de 5 partidos, o cal as coloca como primeiras na clasificiación con 10 puntos, 3 máis que as segundas. A última “vítima” das cambadesas foron as xogadoras do ARQO Sanxenxo, coas cales os resultados foron bastante esclarecedores: 25-19, 25-16 e 25-13. Podes consultar todos os resultados no propio blog do XAV Cambados.

A imaxe foi extraída de La Voz de Arousa.

Pequeno repaso pola vida cibernética dos partidos locais


ppdeg Partido Popular

O PP de Cambados permanece “virxe” no que espazos web se refire. Non se lle coñecen nin sequera páxinas exclusivas para a campaña, moito menos proxectos a medio longo prazo.

O que é xa grave, o PP no goberno tampouco aproveita as ferramentas en internet: a propia web do Concello estivo máis tempo parada que funcionando, aínda que ultimamente parece que si se actualiza con novas de cando en vez. Aínda así os cidadáns non poden empregar a web máis que para recibir a saúda do alcalde e enviarlle un correo (non sabemos se con resposta). Ningunha xestión municipal pode ser executada a través da rede.

psoePartido Socialista

O PSOE de Cambados abriu un blog para as municipais de 2007. Pero a pesar de que houbo un amago de continuar actulizándoo tras a vitoria dos conservadores, o certo é que a páxina leva moito tempo parada. Tamén existiu un blog de apoio á candidatura de Domingo Tabuyo, pero ademais de non ser oficial non tivo continuidade a partir daquel Maio do 2007 e na actualidade un espazo en Facebook reclama a alcaldía para Tabuyo no 2011.

bng Bloque Nacionalista Galego

O BNG, aínda que irregular na publicación na súa web comarcal, é o grupo que máis ten experimentado na rede. Hai máis de un ano abría o seu propio fotolog e máis recentemente o seu perfil en Facebook, onde conta con máis de 686 amigos. Pola súa banda Víctor Caamaño creara na campaña electoral un blog pero leva máis de un ano sen renovar. Víctor é o único dos tres líderes que conta cun espazo en Facebook, pero a súa actividade é máis ben baixa.

Víctor Caamaño denuncia que non existe estudo ambiental para a instalación das comportas no Saco de Fefiñáns


muinho5ACTUALIZADO CO VÍDEO DE TELE SALNÉS (26/11/09)

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, preguntou á Consellaría de Medio Ambiente polas obras que anunciou o goberno local sobre a colocación de comportas no Saco de Fefiñáns e á Consellaría non lle consta o proxecto, nin ningún estudo ambiental relacionado. Estas comportas permitirían regular o nivel de auga do lago interior para o seu uso en actividades lúdicas deportivas.

Para o voceiro local do Bloque, Víctor Caamaño, a actuación do Concello de Cambados é chapuceira e irresponsábel e acúsao de vender fume, xa que para esta obra, ou para o centro de día, ou para a ampliación do colexio de San Tomé non hai asignadas partidas nos Orzamentos da Xunta para 2010.

Caamaño critica duramente a ausencia dun estudo ambiental, porque se trata dunha zona marisqueira onde traballan 190 persoas. Para o BNG de Cambados a orde lóxica sería eliminar os verquidos de augas fecais que chegan ao  estanque e realizar un estudo para non perxudicar aos sectores produtivos.

http://www.canalriasbaixas.com/mambots/content/plugin_jw_allvideos/jw_allvideos_player.swf?file=http://www.canalriasbaixas.com/images/stories/videos/salnes/241109_bng_cambados.flv&image=http://www.canalriasbaixas.com/images/stories/videos/salnes/241109_bng_cambados.jpg&showdigits=true&autostart=false

Vídeo extraído de CanalRíasBaixas.com

Imaxe: Macrolimpadón, actividade de limpeza que se levou a cabo nesa mesma zona en Abril de 2006

Deberías visitar o blog de Ramón Nogueira, has volver


ramonnogueira

Non sei se xa o fixeches, pero se non: non deixes de visitar a miúdo o espazo deste mozo cambadés que adica un recuncho de internet a publicar poesía acompañada de preciosas imaxes. Outra vez noraboa a Ramón por deixarnos navegar polas súas emocións.

Podes visitar Berros dende o Alén, a web en cuestión, premendo neste enlace.

Xaquín Charlín resposta a Pedro Sanmiguel


aturuxoXaquín Charlín “Chon”, presidente da asociación Unha Grande Chea, voceiro comarcal de Queremos Galego! e colaborador do xornal O Aturuxo, publica esta semana nese medio un artigo no que dá a réplica ao que escribía hai un par de semanas o voceiro de feito da asociación Galicia Bilingüe, Pedro Sanmiguel, no cal chamaba ditadores ao BNG e á Mesa pola normalización, ademais de criticar ao propio Chon e á plataforma convocante da manifestación do pasado outubro.

Podes ler a resposta de Xaquín Charlín premendo neste enlace.

The Henry Warnimont en Correo TV


A televisión compostelana Correo TV entrevistou no seu programa Botafumeiro aos cambadeses The Henry Warnimont. No vídeo que podes reproducir a continuación tes que avanzar até o minuto 11 para ver a parte relacionada coa banda, que por certo sacará maqueta proximamente.

Resultados da enquisa sobre o ANO CABANILLAS 09


Participaron 55 persoas até a medianoite do xoves 19 de Novembro. Cinco desas persoas abandoaron a enquisa antes de rematala, os seus resultados foron desbotados.

Perfil medio: Menor de 40 anos e participante dalgunha actividade do Ano CabanillasqueixoAsoc

Así é, un 67% dos enquisados marcaron que tiñan menos de 40 anos, a maioria deles no subgrupo 18-25 anos. O outro terzo dos totais marcou a opción Máis de 40. En xeral pódese apreciar que a idade dos participantes está moi repartida entre os diferentes grupos estabelecidos, prevalecendo a xente moza.

Ademais un 84% dos enquisados afirmou ter participado dalgunha actividade relacionado co Ano Cabanillas 09. Un 87% xa coñecía  a obra do escritor cambadés pero dixo que afondara no seu coñecemento fronte a un escaso 9% que afirmou seguir sen coñecelo e un 4% que di que grazas a este evento leu por primeira vez ao poeta da Raza.

Bo percepción xeral do Ano Cabanillas pero con matices. A publicación da biografía por parte de Luís Rei foi o acontecemento máis valorado.

Un 49% dos enquisados valora o Ano Cabanillas como Bo ou Moi bo, e só un escaso 9% o tilda de Malo ou Moi malo; pero o grupo que escolleu Regular é considerabelmente alto, cun 42% ocupa o lugar de preferencia nos resultados. Co cal aínda que a percepción xeral é boa parece que moitos dos participantes teñen opinións intermedias sobre o asunto.

Do total de votos sobre a mellor actividade  un 27% escolleu a publicación da biografía de Cabanillas (Ramón Cabanillas: Crónica de desterros e saudade) por parte de Luís Rei como o máis interesante do ano. De perto lle seguía a exposición Cabanillas e os artistas do seu tempo e o Serán Ramón Cabanillas. Tamén cabe destacar que as opcións máis abertas, como Outra exposición, Outra actividade, etc, aínda que ocupan os últimos lugares suman entre elas o 21% dos votos, o cal deixa patente que por un lado a pregunta debería ter máis opcións nas respostas  e que a diversidade de actividades foi boa en canto a que non todos atoparon a que máis gustaron entre as catro opcións principais.

queixoConcelloA comisión organizadora non serviu como coordinadora;  Suspenden a nova Xunta e o Concello e aproba a Xunta bipartita e CANDEA é a asociación escollida por unha maioría como a que máis fixo neste Ano Cabanillas 09.

O 64% dos participantes cren que a comisión organizadora, auspiciada polo Concello e tamén limitada por este por non dar entrada directa nela a todos os implicados, non serviu para coordinar aos colectivos na organización do Ano Cabanillas. O 27% non coñecen o traballo desta comisión e o 9% si cre que serviu como aglutinador de asociacións.

Das institucions, o 64% di que a xestión da nova Xunta de Galicia do PP no Ano Cabanillas é Mala ou Moi Mala. O Concello obtén unha lixeira mellor nota, pero non logra o aprobado xa que o 38% inclínase polas opcións críticas e só un 20% polas enteiramente positivas. Un nada desdeñábel 42% califica a xestión do Concello como Regular, sen especificar. A Xunta bipartita é a que sae mellor parada 54% de votos positivos e só o 9% de negativos.

CANDEA, a asociación de ensinantes do Salnés é con diferenza a mellor valorada entre as organizacións que participaron dalgún xeito no Ano Cabanillas. Un 27% marcaron a esta asociación como a máis activa na promoción da vida e obra do poeta a través das actividades. 8 puntos por detrás atópase a Asociación de libreiros e logo a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea, centros escolares e xa no quinto posto aparece o queixoComisConcello de Cambados cun 10% de votos.

Resulta chamativo neste apartado como todas as primeiras prazas son ocupadas por asociacións, non por institucións. Os enquisados marcaron, pois, organizacións de tipo non político e deixaron a Concello, Deputación e Xunta nos últimos lugares da táboa (xuntos todos só suman un 22%, ridículo ao carón do 27% só para CANDEA).

Detalles
Preme en Seguir Lendo para ver todos os resultados detallados, pregunta a pregunta.

Seguir lendo

A Xauría Humana (Galiza na Guerra Civil), novo ciclo de curtas no Centro Comarcal


centrocomarcalMañá venres 20 de Novembro ás seis da tarde terá lugar no Centro Comarcal do Salnés a proxección dunha nova serie de curtas enmarcadas no ciclo Cinemas Dixitais que promove a Consellaría de Cultura para achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais e potenciar o audiovisual galego.

A de mañá é unha sesión temática que repasará algunhas historias da guerra civil no noso país a través de sete curtas publicadas todas elas entre 2001 e 2007. Os títulos son os seguintes: 1939 Un berro de silencio, Guerra dos avós, Alma esquecida, Cores, Minas, Ribadeo 1936, e Soldado sen fortuna. Entrada de balde até completar aforo.

Xa se poden mercar as entradas para ver a Carlos Blanco en Oubiña


O humorista galego Carlos Blanco estará o vindeiro 12 de Nadal no Centro Cultural de Oubiña onde dará a coñecer ao público que alí se atope o seu novo monólogo. A actuación terá lugar a partires das dez da noite e xa podes conseguir a túa entrada por un prezo de 3€ na libraría Ramón Cabanillas.

Aínda que é amplamente coñecido por case todo o mundo, podes ler a súa ficha da AVG de seguido:

 Sentímolo, o teu navegador non soporta marcos.

—-

Lembra que aínda estás a tempo de votar na enquisa sobre o Ano Cabanillas 09

Nas redes sociais

Novembro 2009
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.