O XAV Cambados envíanos o seguintes resultados da última xornada. Para máis información, só hai que seguir este enlace e visitar o blog do equipo.
V
X
A
LIGA PROVINCIAL XUVENIL Grupo Norte
XAV Cambados- CV Noia 3-0 (25-14/25-10/25-11)
Non se pode empezar mellor. Bon traballo de Dani Varela e a súas
rapazas ante un voluntarioso CV Noia. Participaron Selemne Jorge,
Isabel Lois, Valentina Barreiro, Sofía Fernández, Ana Pombo (líbero),
Leticia Nogueira, Belén Millán , Tania Charlín (capitá), Andrea Carro
e Nicole Magariños (xogadora cadete). Xa se ve que cando se entrena
ben hai bos resultados. Ánimo e adiante.
2ª DIVISIÓN B
XAV Cambados – EMEVE B 3-0 (25-20/25-18/25-11)
As maiores xogaron un partido onde sempre souberon estar ó mando.
Pouco a pouco fóronse desfacendo das rapazas de Lugo con máis
claridade ata chegar ó terceiro set cun dominio claro.
Participaron Fátima Cortegoso, Gema Chazo, Lidia Gómez, Salomé Lois,
Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña (líbero) e Paula Rial. Son dous
partidos ganados sen nengún set en contra. A polo terceiro en Dodro o
próximo fin de semana.
LIGA GALEGA INFANTIL
XAV Cambados- RIBEIRA SACRA 0-3 (17-25/13-25/20-25)
Empezaron ben pero parece que non chegaron a soltarse totalmente no
partido. Un rato de descontrol fixo que a Pinguela se levara o
primeiro set. No segundo os nervios non lle deixaron ás infantís
entrar en xogo a pesar dos moitos cambios que fixo Aida. O terceiro
foi moi axustado pero con signo idéntico. Sabemos que poden dar moito
máis. O próximo partido en Ourense é o momento de demostralo. Ánimo!
LIGA GALEGA CADETE
XAV Cambados – CV Ribeira Sacra 0-3 (11-25/10-25/4-25)
As cadetes encontránrose con un grande equipo de voleibol. Non se lle
pode negar o esforzo ás nosas rapazas; A Pinguela foi superior.
Participaron Sara Baña, Fuen Buceta, Andrea Carbajal, Mariña Charlín,
Cris Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida
Rey, Paula Serantes (capitá), e as infantís Bibi Silva (líbero) e Tuti
Vilanova. Este fin de semana en Ourense imos gañar. Nunca faltan Iria
e Aida aínda que estean lesionadas.