//
arquivo

Archive for

Pedro Sanmiguel (PP, Galicia Bilingüe) quéixase polos calificativos de Chon á asociacion GB pero chama "dictadores" ao BNG e á Mesa pola Normalización


aturuxoNun artigo recén publicado no xornal comarcal O Aturuxo, Pedro Sanmiguel (Galicia Bilingüe e concorreu nas últimas municipais na lista do Partido Popular) quéixase de que Xaquín Charlín (Chon) califica a Galicia Bilingüe como “grupo da dereita máis rancia” ou  “pijos malcriados” pero comeza o seu artigo coas seguintes verbas: “Sobre la plataforma Queremos Galego: Bajo esta denominación (…) se esconden los mismos dictadores de siempre: A Mesa pola Normalización Lingüística, el BNG…”

Sanmiguel fai no seu texto unha mistura total de conceptos e de feitos, querendo relacionar á plataforma Queremos Galegos con actos terroristas, cando el ben sabe que a manifestación do 18 de Outubro non só foi a maior da historia, senón que foi unha expresión totalmente democrática e foi unha manifestación de amor pola nosa lingua e en contra de ningunha outra, ao contrario que aquela a que el asistira convocada por GB e que, ademais de ser un fracaso en número de persoas tamén fixo historia, por número de manifestantes traidos de fóra do país e  por fomentar o odio hacia o noso.

Fala no seu artigo tamén d’A Mesa pola Normalización Lingüística, e parece escandalizado porque reciba subvencións públicas! Debería saber o señor Sanmiguel que A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza, e como tal ten dereito a esas axudas. É máis, durante os gobernos de Fraga Iribarne os tribunais déronlle a razón a esta asociación porque non estaba a percibir o que lle correpondía. Pola contra, Sanmiguel (gran preocupado polas inxustizas deste mundo) non di nada de todos os miles de euros que recibe, por exemplo, La Voz de Galicia en concepto de normalización lingüística e que obvia por completo o uso desta lingua nas súas páxinas. Iso, que a todos lles debería parecer unha inxustiza,  non interesa. Tampouco di nada de que a Deputación de Pontevedra pagou 50.000 euros por unha actividade de dous días organizada por Galicia Bilingüe e á que acudiron ponentes como membros da Fundación FAES…etc etc

Pedro Sanmiguel, por favor, non sexa tan demagogo, e sobre todo (e falo a título individual, pero seguro que comparto isto con moitos simpatizantes tanto do BNG como da Mesa) ninguén, e menos vostede, que parece que ten o galego no seu punto de mira e gusta de fomentar o odio hacia el, vai chamarme dictador a min. Non llo consinto.

Entrevista a Luís Rei en Vieiros.com sobre a súa biografía de Cabanillas


luisreiO xornal electrónico Vieiros publica hoxe na súa portada unha entrevista con Luís Rei, un dos motores do Ano Cabanillas e autor da primeira biografía sobre o noso poeta, Ramón Cabanillas: Crónica de desterros e saudade (Galaxia). Nela, Luís Rei vai repasando por medio das respostas ao xornalista algúns dos momentos da vida de Cabanillas. Ademais, na última cuestión fai o seu balance do Ano Cabanillas 2009:

“Non se fixo todo o que algúns soñamos hai dous ou tres anos cando comezamos a preparalo pero fíxose moito máis do que nalgún momento tememos. A figura e a obra de Cabanillas recobrou certa actualidade, fálase e escríbese sobre un autor que estaba a caer nun inxustificábel esquecemento. Deste ano van ficar unha ducia de libros e moitas cousas na memoria. Non é para queixarse.”

Tamén é destacábel a boa crítica que fan desde Vieiros ao libro publicado por el este pasado verán:” Luís Rei, traballou a eito e o froito foi este libro que dalgún xeito é case definitivo no que ao estudo da vida de Ramón Cabanillas se refire”

Imaxe extraída de Vieiros.com, alí podes ler tamén a entrevista completa.

Nas redes sociais

Novembro 2009
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.