//
estás a ler...
Cambados

O XAV Cambados obtén 6 vitorias nos 6 partidos da pasada xornada


xav cambados26 partidos, 6 vitorias, así titulan a crónica da pasada xornada desde o XAV Cambados (voleibol).

X

A

V

A continuación reprodúcese a descrición do partido das cadetes B, pero lembra que no seu blog (www.xavcambados.blogspot.com) podes ter acceso a todos os resultados das rapazas. Noraboa polas seis vitorias!

XAV Cambados B- Comercial Durán (3-2)

As cadetes B venceron nun partido moi apretado contra o Comercial Durán. Xogaron Minerva Abal (número 1), Sara Prego (4), Cristina Prego (12), Margarita Barreiro (6), Zoe Cacabelos (3), Noelia Corbacho (16), Melina Costa (13), Mariña Padín (14), Marta Charlín (7), Alicia Serantes (9), Cristina Diz (10) e a capitá Ana Prado (11). No primeiro set gañaron con autoridade pero no segundo os nervios ou a desorganización xogáronlle unha mala pasada ás nosas xogadoras. O terceiro foi máis igualado pero caeu no lado do XAV. No cuarto, deixándose levar pola euforia, perderon de catorce puntos. No quinto set, as rapazas de Lidia Gómez resolveron cun axustado 15-13.

————–

ENQUISA ANO CABANILLAS

Recorda que se aínda non a fixeches,  podes realizar a enquisa sobre o Ano Cabanillas ata a vindeira semana premendo neste enlace.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Novembro 2009
L M M X V S D
« Out   Dec »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: