A piscina municipal do noso Concello tivo que ser evacuada polos responsábeis da mesma o pasado venres pola tarde, logo de que o temporal anegara parte das instalacións. Xa nun pleno de finais de 2008 o Concello de Cambados anunciou que era precisa unha complexa reforma da piscina posto que a infraestrutura está mal illada termicamente, agora vemos que desgraciadamente non ten só ese problema.
Naquel pleno de nadal o entón alcalde, Cores Tourís, anunciou que as obras se levarían a cabo durante este ano, pero só a inundación destes días fixo que o tema voltara a ser recordado.