A xente de Embaixada Prusiana segue a currar como sempre no seu proxecto do Despregable, que xa conta con 22 números de historia. Como sempre, o exemplar vén cargado de novidades: entrevista a Luís Barreiro, artista de Meaño que presentou a súa obra Aus Schmalegg no Proxecta de Vilagarcía, Juan Carballo presenta o seu poemalibro A casa do poeta, o cal se pode conseguir co propio Despregable; desde Catalunya o jazz chega da man de Llibert Fortuni, que entre outras cousas nos introduce no seu novo traballo, Triphasic…e moitas, moitas, moitas cousas máis que podedes consultar nesta ligazón ou nun dos puntos de venda por só un euro!