//
estás a ler...
Cambados

Enfrontamentos pola chegada dun gran barco no muelle de Tragove


alvorMariñeiros e redeiras protagonizaron enfrontamentos co armador do barco, Ramón Durán, por considerar que a presenza deste en Cambados entorpece o labor dos traballadores do porto.

O Alvor é unha embarcación de 50 metros de eslora que se adicaba a pescar peixe espada en augas de Montevideo. A razón da parada en Cambados é a readaptación do barco para faenar no Gran Sol. O Patrón Maior, Benito González, admitiu que o propio sería que tivese buscado un porto de altura pero considera que a súa presenza non ten por que xerar problemas.

Non pensan o mesmo as redeiras: Aínda que o armador ten permiso de Portos de Galicia parece ser que se atopa amarrado nunha zona do muelle no que un cartel prohibe expresamente que se faga. As mulleres que reparan as redes dos barcos din que se está poñendo en xogo o seu pan, xa que teñen moitos aparellos na zona que non van poder ser recollidos polos mariñeiros.  E é que o Alvor podería permanecer aí uns tres meses.

Advertisements

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: