//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

E despois do malgasto xudicial…Aragunde e Tourís viaxan a Arxentina


aragundeCo suposto obxectivo de entrar en contacto co colectivo de cambadeses que reside no país sudamericano, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde,  e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra e ex alcalde da nosa vila, Cores Tourís, viaxan a Arxentina. O dous terán reunións con directivos da Oficina do Salnés en Buenos Aires para coñecer as inquedanzas e propostas que lle plantexen. Queren ademais xestionar unha viaxe para o verán para que emigrantes que leven moito sen volver a Cambados poidan facelo coa axuda do goberno local. O Ano Cabanillas tamén é excusa para unha viaxe que pon de manifesto o comezo da actividade electoral de cara as municipais de 2011.

E é que segundo datos facilitados polo propio Concello de Cambados, uns 600 “cambadeses” residen en Arxentina, unha bolsa de votos moi apetitosa para a clase política, especialmente para o Partido Popular, que acostuma enviar aos seus dirixentes a facer campañas encubertas como visitas institucionais pagadas por todos nós. Resulta moi chamativo que, logo de repetir centos de veces as dificuldades económicas que se arrastran por mor da crise e de empregalo como excusa para recurtar servizos públicos, agora o alcalde dun Concello de 14.000 habitantes como Cambados faga unha viaxe intercontinental para interesarse polas necesidades dos emigrantes. Cando menos sospeitoso.

Visto en Diario de Arousa. Imaxe extraída de Diario de Pontevedra.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: