//
estás a ler...
Cambados

Presentación de "As andanzas de Xan Farrapeiro" de Ramón Caride


asandanzasdexanAs librarías cambadesas Contos e Cabanillas organizan para este venres 11 de Nadal a presentación do libro do tamén cambadés Ramón Caride As andanzas de Xan Farrapeiro. Será no Centro Comarcal do Salnés ás seis e media do serán.

Este é un resumo-comentario do libro, extraído de libreriababilonia,

Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro. Pero a historia de Xan non é unha historia triste, trabucariamonos se pensasemos iso; Xan era pobre pero alegre, animoso e valente e ben espelido, por iso as cousas cambiaron para el un día que estaba a procurar guizos e apañar piñas no monte e atopou a dona dos penedos, unha moza fermosa de pel alba como o leite, que levaba un vestido ricamente bordado. Andanzas de Xan Farrapeiro é a reinvención que Ramón Caride realiza dun conto marabilloso ben coñecido, aquela historia dun Xanciño pobre que se facía pobre por arte de maxia e logo o esquecera todo. As ilustracións de Marisa Irimia axudan a brotar as cores dunha historia de noites escuras, altos penedos e paisaxes de verde intensidade.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: