//
estás a ler...
Cambados

A confraría condeada a readmitir a un traballador por despido improcedente


inauguracionconfrariaUn traballador da fábrica de xeo terá que ser readmitido logo de que unha sentenza xudicial recoñecera o seu despido como improcedente. O sindicato Comisións Obreiras manifestou que a sentenza recolle ademais o dereito do traballador a cobrar os salarios que non ingresou no período no cal foi despedido “pola decisión do patrón maior e o seu entorno”.

Segundo fontes sindicais os feitos tiveron lugar cando o traballador se dispoñía a entregar unha serie de documentos que probaraban a existencia de supostas “irregularidades”. CCOO pide ademais á Consellaría do Mar que realice unha auditoría á Confraría e lembran que durante este tempo houbo outra senteza do TSXG sobre irregularidades no proceso electoral do Pósito cambadés.

Esta nova súmase á polémica da semana pasada sobre a chegada dun barco de grande tamaño, o Alvor,  ao porto de Tragove e aos enfrontamentos das redeiras co armador do mesmo.

Visto en Diario de Arousa e tamén en La Voz de Arousa

Imaxe extraída dun album en Picasa de Unha Grande Chea.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: