//
arquivo

Archive for

Louzán, Diputación, Cultural e Esperanza.


rafaellouzanLouzán, vén, ve, e reparte 450.000 euros para a Cultural.

Así é a política da Deputación, non é unha política de baremar as opcións e priorizar o gasto onde máis se necesita ou sinxelamente onde máis efecto faga. Simplemente se chama aos xornais e se acude a sacar unha foto, foto acompañada dun titular no que aparece un 1 con moitos ceros xunto ao nome de Rafael Louzán. Neste caso foron 450.000 euros, que supoñen a “friolera” de 74 millóns de pesetas.

A un dálle moito que pensar esta “pequena axuda”. Realmente a Sociedade Cultural merece esta achega? Acaso non se está discriminando ás demais organizacións culturais, que polo xeral teñen unha actividade moito máis intensa pese a non dispoñer dese patrimonio?

Incluso, miremos a unha asociación non-cultural como Esperanza Salnés, cuxo labor no eido da axuda ás persoas con discapacidades é indiscutíbel, e que cada ano teñen que rogar a todos por unha subvención para poder pagarllle aos empregados. ¿Por que a Deputación, en lugar de ir soltando os cartos de pouco en pouco e cando realmente Esperanza está afogada, non asina un acordo, un convenio, que permita a esta asociación desenvolver a súa actividade sen temer cada 12 meses que vai desaparecer? Pobabelmente porque entón, en lugar de ter foto por ano, tería foto por cinco, dez anos, apesar de que a súa acción de goberno tería sido realmente valiosa e xusta.

Louzán, alí onde vai, faino ca carteira chea. Iso si, cos cartos de todos, claro.

Imaxe extraída de El Correo Digital.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.