//
arquivo

Archive for

O BNG organiza en Vilagarcía unha charla sobre a situación das caixas de aforro galegas


caixasbng

Como se pode ler no cartel remitido polo BNG do Salnés a este medio, o acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de Nadal ás oito e media no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Falarán Xosé Castro Ratón, tenente de alcalde, Montse Prado, secretaria de organización do Bloque e Alfredo Suárez Canal, deputado no Parlamento. O proceso de unificación de caixas impulsado polo Banco de España centrará a análise que os tres farán na localidade veciña.

O BNG nos últimos días ten apoiado ao presidente Núñez Feijoó (PP) na defensa da galeguidade das caixas e na aposta pola fusión dos dous entes galegos, Caixanova e Caixa Galicia, para crear unha nova Caixa que conserve o centro de decisión en Galiza. Esta aposta contradí  os desexos dos conservadores en Madrid, que tentaron sen éxito promover unha absorción de Caixa Nova por parte de Caja Madrid. O BNG pretende dar a coñecer a súa posición no asunto con esta campaña.

12 meses desde un blog


cambados.tkHoxe cúmprese un ano desde que Cambados.tk é un blog dentro da plataforma Blogaliza. Catro anos e medio van desde o nacemento de CTK: en Maio celebramos lustro. Se tes calquera opinión, crítica, suxerencia sobre o funcionamento da web, deixa un comentario nesta anotación, no libro de visitas, ou na caixa de correo (cambadostk arroba gmail.com).

Por certo, a que estás a ler é a anotación número 278, tres posts publicados cada 4 días; dos cales 49 foron artigos de opinión, aproximadamente un por semana. Cambados foi o principal tema de conversación neste recuncho de internet, aínda que a política galega e incluso referencias á española e á europea foron facéndose un oco entre a actualidade local.  Finalmente o libro de visitas continuou aberto, e agardo que así continue por un tempo, aínda que ás veces sexa necesario estar pendendente de que o debate non se encamiñe como insultos e difamacións desde o anonimato. Vos contribuiredes a elo.

Grazas a todos por seguir por aquí.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.