//
estás a ler...
Cambados, Galiza, global

Cambados(tk) participa no renovado Galicia Confidencial


galiciaconfidencialGalicia Confidencial era até hoxe un blog de referencia no panorama galego. Nel ser verquían análises políticas de destacados persoeiros da actualidade galega. E seguirán a facelo, pero a partir de hoxe nun renovado xornal dixital con moi moi boa presenza.

Para chegar ás comarcas, ás vilas, Galicia Confidencial chegou a un acordo de reciprocidade cunha vintena de blogs e webs, mediante o cal as novas máis recentes nestes espazos estarán dispoñíbeis no GC. Unha idea excelente para chegar alí onde eles non poden. Cambados(tk) foi un dos elixidos e polo tanto os lectores de Galicia Confidencial, máis de dous mil ao día, poden acceder tamén ás novas e ás análises referentes ao noso Concello.

Como pequena crítica, sinalar que en GC separan as comarcas de Salnés e Arousa cando en realidade a comarca sería a primeira. O máis curioso é que sitúan a Sanxenxo e Cambados por separado…de seguro que o pequeno erro será subsanado pronto. Mentres tanto, noraboa a GC, e ao seu coordinador Xurxo Salgado e benvidos os seus lectores a Cambados(tk).

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: