//
estás a ler...
Cambados, Galiza

O académico Fernández Rei aposta por Méndez Ferrín para presidir a RAG


mendezferrinO trianero Francisco Fernández Rei, membro da Real Academica Galega (RAG), dá por seguro que Mendez Ferrín será unha figura integradora, malia a que sectores conservadores, especialmente a Xunta de Galicia, amosan polo baixo reticencias a que un dos históricos valedores do nacionalismo de esquerdas pase a liderar a academia da lingua.

Fernández Rei, segundo Vieiros,comentou o seguinte sobre o recén postulado candidato a suceder a Xosé Ramón Barreiro, quen finaliza mañá os seus oito anos ao frente da RAG: “O sentido institucional de Ferrín na Academia, tanto dentro como fóra, é irreprochábel. Eu non dubido o máis mínimo de que vai ser unha persoa integradora”. O filólogo de Cambados matiza que “hai moitos académicos que poden representar a institución” pero, ao momento, volve facer fincapé nos méritos do “maior escritor vivo”.

Como moi tarde, a mediados de Marzo teremos a reposta nas mans.

Imaxe extraída tamén de Vieiros.


Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: