//
arquivo

Archive for

O BNG de Cambados pide as contas da viaxe a Arxentina


victordiariodearousaO Grupo Municipal do BNG de Cambados pediu hoxe publicamente ao goberno local que aclare quen pagou os costes da viaxe que Luís Aragunde e Cores Tourís fixeron a Arxentina este mes. Publica hoxe Galicia Confidencial que o presidente da Xunta asegurou non ter constancia de que o delegado da Xunta en Pontevedra, Tourís, formara parte da comitiva, e máis tarde o propio Goberno Galego sinalou que o ex alcalde viaxara durante uns días de vacacións que se tomou. O BNG local quere saber agora se a viaxe a Arxentina foi pagada polo Concello.

Víctor Caamaño sinala que o Partido Popular xa iniciou a campaña das Eleccións Municipais de 2011, acudindo ao país sudamericano a “mercar vontades” seguindo o estilo de Rafael Louzán desde a Deputación.

A posta de largo de Ramón Nogueira


ramonnogueira2

ramonnogueira3Berros dende o alén vén de ser presentado en público hai escasas dúas horas no salón de actos do IES Francisco Asorey. Abriu o acto a presidenta da asociación de ensinantes CANDEA, Adela Leiro, que deu por fechados os actos de Ano Cabanillas 2009 coa presentación deste poemario. Indicou ademais que os responsábeis de CANDEA consideraran que a presentación en sociedade dun novo escritor era a mellor forma de rematar o Ano Cabanillas ollando ao futuro. Referiuse a portada do libro, na cal se pode ver o Portalén ou Porta do Alén, na serra do Cando, lugar cheo de lendas e monumentos naturais, e desde onde se poden divisar as Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo.

Logo, o director do Asorey, José Rivera, falou do Ramón Nogueira que os profesores ven nas aulas, unha persoa colaboradora en actividades e interesada polo que sucede no mundo.  Por último, o propio Ramón adicou palabras de agradecemento, especialmente á familia e aos seus amigos e a CANDEA pola oportunidade brindada.

O final do acto consistiu en que foses estes, os amigos, os que recitasen poesías que nós podemos ler no libro. Ramón encargouse de ler a última. Nos vindeiros días publicarase unha entrevista con el neste medio. E mentres, por suposto, pódese visitar o seu blog, ou facerse co libro nas librarías Contos e Cabanillas.

ramonnogueira4

Cambadosweb cumpre dous anos


cambadoswebOutra das webs que configura o espazo cambadés en internet está de aniversario. Cambadosweb.net vén de facer o seu segundo ano, moitos parabéns e a seguir publicando!

Nunha entrada especial sinalan entre outras cousas que a páxina sufrirá unhas pequenas modificacións para simplificar o seu emprego. É interesante navegar polas súas anotacións e ler novas referentes a Cambados desde outro punto de vista diferente, agardo que a web nos acompañe moito máis tempo, como así parece que vai ser. Felicidades.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.