//
estás a ler...
Artigos de opinión

O Concello fala de aforro pero gasta os cartos en felicitarnos o Nadal


felicitacionconcello

Sóache verdade? Esta é unha das miles de felicitacións que chegaron desde a semana pasada a todos os fogares cambadeses. Editado a toda cor e nun bo tipo de papel, a felicitación de Nadal vén asinada polo novo alcalde Luís Aragunde, quen nos desexa un bo Nadal e un ano 2010 “cheo de ilusións e novos proxectos”. Ademais, o poema Na casa de Nazaret de Ramón Cabanillas acompaña aos desexos de Aragunde.

Cantas copias terá publicado o Concello de Cambados? De seguro que a cifra oscila entre os 3.000 e os 7.000 folletos, que sumado ao gasto de envío por Correos nos dá a cantidade de euros que o Concello decidiu tirar á basura neste Nadal. Cartos que sempre predican que hai que administrar ben nestes tempos de crise pero que non dubidan de empregar á lixeira cando lles vén en gana (son de todos), véxase en felicitacións, véxase na viaxe a Arxentina, véxase no proceso xudicial contra Maximino Cid

Hoxe en día hai formas e formas de chegar de xeito moi económico aos cidadáns…acaso non sería igual de efectiva unha felicitación electrónica?
E gratis!

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “O Concello fala de aforro pero gasta os cartos en felicitarnos o Nadal

  1. si porque todo mundo ten internet non?

    Posted by andres | 02/01/2010, 9:28 pm
  2. Non, andres, non todo o mundo ten internet, pero coincidirás comigo en que non é necesario que o alcalde do Concello no que vives che felicite as festas, sexa do PP, do PSOE ou do BNG. Hoxe en día ata en Tele Salnés o fan todos os alcaldes da comarca, e mira, é unha forma máis barata. Saúdos

    Posted by Óscar | 02/01/2010, 11:33 pm

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: