//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

Inundacións na Avenida da Pastora pola deficiente limpeza das arquetas


inunacions0Os veciños dun tramo da Avenida da Pastora (unha rúa de grande extensión que pasa por diante do Pazo de Ulloa, vai até o tanatorio e o cemiterio de Santa Mariña, bordea o Monte de Pastora para encanar coa estrada de Ribadumia case á altura do Mercadona) levan varios sustos cada vez que chove. E ultimamente chove bastante.

A zona conflitiva sitúase nos números 50 de dita rúa, onde se atopa o Restaurante A dos Piñeiros. Este local é un dos que sufre inundacións polas chuvias, hoxe podía verse na súa porta un aparello de madeira colocado polos propietarios para minimizar a entrada da auga. Os más afectados son os inmobles desa banda da rúa, os números impares, pola pendente da propia avenida. O Concello parece ser o responsábel das anegacións xa que a pesar das queixas repetidas dalgúns veciños no consistorio as arquetas están desde hai ben de tempo sucias e son o causante da acumulación de auga.

Nas fotos que se adxuntan pode verse como na zona onde se producen as inundacións hai unha arqueta que nin sequera podería ser limpada se así o quixesen os operarios do Concello porque este asfaltou por riba dela.

Ademais outro problema que se pode detectar a simple vista e que  é un denominador común a outras rúas do Concello; é que o goberno local ao ir asfaltando en cada período electoral sen retirar as capas previas de pavimento provoca que o nivel da rúa vaia subindo e os portais cada ano estean máis abaixo.

Isto, que podería resultar incrible ou esaxerado, é un feito constatable en moitas das rúas de Cambados, como por exemplo na Rúa Sevilla, onde tamén son comúns as inundacións.

Aínda que esta nova non foi remitida por ninguén, lembra que podes denunciar calquera situación que consideres denunciábel no correo cambadostk (arroba) gmail.com.

En Setembro de 2005 publicábase na vella Cambados.tk un artigo titulado E menos mal que non chegou un tsunami… que trataba os temas das inundacións daquel ano. Este texto, publicado tamén no seu día no Faro de Vigo podes lelo premendo en Seguir Lendo.

inundacions8

Vista xeral do tramo da rúa
inundacions1

Un dos sumidoiros, este cuberto de asfalto. Ao operario que lle toque limpalo no seu día non lle ha resultar doado
inundacions6

Vista dunha entrada a un garaxe con restos de auga

inundacions5

Entrada ao restaurante tapada polos propietarios. A auga brota das alcantarillas e entra no local

inundacions7

E menos mal que non chegou un tsunami (Setembro de 2005)


Este ano cada vez que chove os cambadeses, resignados, séntanse a obsevar como a súa vila se convirte nunha illa flotante como se de Venecia se tratase. O Concello di que a culpa non é súa, que a culpa é das alcantarillas que están cheas de follas e outra vexetación. Non será que a rede de saneamento non funciona correctamente?
Outras veces, os cambadeses, en vez de sentarse resignados a ver subir o nivel do mar, levántanse rapidamente e van buscar os caldeiros porque xa é habitual que en certas casas a auga anegue a pranta baixa. É o caso da Rúa Sevilla, onde as consecutivas capas de asfalto que van aplicando as autoridades en sucesivas campañas electorais fan que as casas vaian quedando cada ano máis alá abaixo. E tamén en San Tomé, onde uns veciños sofren este ano inundación por mor dunha mala planificación á hora de facer o paseo marítimo nesa zona.
No colexio de San Tomé seis clases inundadas, entre elas a aula de informática. De chover, 80 rapaces quedaría sen clase. Neste caso o problema é o tellado do edificio, que máis que feito de tella aprece unha selva tropical. E este problema non é máis que a consecuencia de que o Concello non leve a cabo unha limpeza periódica.
E non podemos esquecernos de citar o flamante novo pavillón.

Todos sabemos que o Concello rehabilitou por fin o Pavillón onde entrena o Xuven. E digo por fin porque sen tempo non foi…
Pois ben resulta que o día en que se xogaba alí o primeiro partido os asistentes escoitaron uns ruidos raros. Que era? Auga. Chovía no pavillón, e como chovía!

Despois deste pequeno incidente transcorreron uns días até que ocorre algo aínda peor. Logo dun día de choivas na nosa vila, a xente do xuven descubre que as súas oficinas están anegadas e o material estropeado.

Como pode ser que a un pavillón inaugurado hai UN MES lle chova dentro?

O caso é que despois de nonseicantos anos sen arranxar o pavillón, botándolle a culpa de todos os seus males ao goberno que o construíu, resulta que agora o rehabilitan e , como di un asinante no libro de visitas desta páxina , fixeron unha piscina cuberta!
E para rematar, a nota de humor : cada vez que chove os veciños vemos pasar ratas, augas fecais, barro…pero é que na última ríada apareceron nunha alcantarilla SETE QUEIXOS!

Si, é que Cambados é especial…

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: