//
estás a ler...
Artigos de opinión, Galiza

A Xunta publica o borrador do decreto con nocturnidade e aleivosía: o pobo responde berrando Queremos galego!


queremos3O goberno da Xunta de Galicia deu pistas hoxe sobre o borrador do que será o decreto que regule o uso do idioma no ensino. Fíxoo no último Consello da Xunta do ano, a día 30 de Nadal, para evitar nestas datas de nadal o que se aveciña moi pronto: unha protesta educativa, sindical, política, social, que non tivo precendentes na historia do país, e que xa foi iniciada o pasado 18 de Outubro ca maior manifestación pola lingua da historia de Galiza.

Horas antes , e a pesar do escaso tempo de preparación e do silenzo previo de medios como La Voz de Galicia ou, moito peor, dos medios públicos da CRTVG, reunironse na praza do Obradoiro milleiros de galegos convocados por Queremos Galego! para protestar contra a derrogación do actual decreto. Foi no Obradoiro porque era o lugar escollido inicialmente por Feijóo para celebrar a reunión, unha reunión que foi cambiada de lugar a última hora para evitar protestas. A pesares deste xogo da gato e o rato da Xunta de Galicia, e a pesares da intensa choiva que caeu sobre Compostela, os manifestantes camiñaron desde o Obradoiro até as dependencias de San Caetano para berrarlle ao Partido Popular que Galiza non consinte unha volta atrás no tema do galego.

O NOVO DECRETO, GALEGO 33% (OU MENOS)

Alberto Núñez Feijoó presentou hoxe en rolda de prensa o borrador do decreto, no cal, como xa se adiantara desde Cambados(tk), tres linguas serán vehiculares: castelán, inglés e galego. En teoría cada unha suporá un terzo da educación de cada alumno, e en teoría tamén cada un terá “liberdade” para escoller que materias se imparten en cada lingua. Isto, evidentemente, é totalmente imposíbel porque supoñería segregación en aulas diferentes por idioma, co cal se seguirán fórmulas de votación entre os pais para decidir en cada clase ou colexio o reparto das asignaturas.

queremos1

Por outra banda a propia Xunta de Galicia recoñece que non hai profesorado formado para impartir materias en inglés, polo cal en cada caso se decidirá en cal das outras linguas se dá clase. Isto, moi importante, supón que tras a bonita faciana do inglés escóndese a posibilidade de que o decreto signifique dous  terzos en castelán e un en galego xa que a día de hoxe non hai cualificación deste tipo no profesorado para levar adiante este plan.

En infantil os pais votarán tamén o idioma que prefiran e impartiranse aulas no idioma que a maioría decide, doutra volta baixo o bonito velo da liberdade esconden o feito de que o galego deixará de ser a lingua inicial teórica de miles de nenos no país.

Iso si, Feijóo asegurou hoxe que conta con acadar un consenso con todos, ademais de PSOE e BNG, con colectivos e Real Academia Galega. Algo que agora mesmo parece imposíbel, xa que o Partido Popular é o único grupo (perdón, xunto con Galicia Bilingüe, que aínda pide máis español) que saiu do consenso anterior e que por primeira vez na historia de Galiza dá pasos atrás no uso do galego no ensino.

Con este borrado, con quen quere chegar a acordo? Unicamente o ten posíbel cos antes mencionados Galicia Bilingüe, especialistas no odio cara a nosa lingua propia, e quizais coa inexistente UPyD no país. Ou ben ten unha segunda opción: reconsiderar a súa teima de destruir o que nos é máis sagrado como pobo e volver ao consenso lingüístico que eles racharon.

Nos vindeiros días poderemos ler todas as análises, reaccións e quizais modificacións que se fagan sobre este borrador e tamén coñecer a convocatoria de todas as protestas que se aveciñan para este 2010.

Mal ano para o galego con esta Xunta, bo ano para loitar por el.

queremos4queremos2queremos5

A protesta era inicialmente unha concentración no Obradoiro (1), pero os cambios na reunión do Consello da Xunta levaron a transformala en manifestación que percorreu e paralizou Compostela (2) até chegar até San Caetano (3).

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: