//
estás a ler...
Cambados

Avance do que será a nova biblioteca


Aínda que a web oficial de Cambados non é para tirar foguetes, como tantas veces se ten exposto desde esta páxina, o certo é que foi mellorando (pasou de estar permanentemente en obras a actualizar) e hoxe serve para amosar un avance do que vai ser a nova bibioteca municipal.

A semana pasada repasábase nunha entrada a historia dos últimos tres emprazamentos desta institución, hoxe recóllense aquí unhas fotografías de Cambados.es que poden axudarnos a facernos unha idea do que poderemos atoparnos cando se inaugure a biblioteca, supostamente durante o mes vindeiro.

O que se pode ver non ten ningunha mala pinta, é de esperar que o acondicionamento das salas, luz e temperatura, o espazo dispoñíbel, e en xeral todo o necesario para que os usuarios poidan acceder comodamente ao seu emprego, cumpran os requisitos mínimos. Uns requisitos que non se cumpren na Mercede.

Cando a biblioteca nova leve un tempo funcionando seguramente avaliemos neste espazo as súas características. Pero para iso primeiro ten que abrir, claro.

bibliotecanova2

bibliotecanova4

bibliotecanova3

bibliotecanova5

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: